Inicio Noticias Distribución de mascarillas

Distribución de mascarillas

Segundo a ORDE do 28 de outubro de 2021 regúlanse os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021-2022.

As máscaras distribuiránse entre o alumnado incluído no ámbito desta orde pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €, que foi o limiar de referencia no curso 2021/22 para ter dereito á axuda para adquirir material escolar.

Polo tanto, será beneficiario das máscaras:

- Directamente, sen necesidade de volver a presentar solicitude, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar. 

- o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, pode presentar a solicitude no centro do 15 ao 26 de novembro de 2021, sempre que reúna algún dos seguintes requisitos:

      a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

      b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

Podedes consultar a orde completa na seguinte ligazón:

ORDE do 28 de outubro