Inicio Colexio Identidade Datos de transparencia

Datos de transparencia

Á escoita de Deus e da vida, en comunidades contemplativas e apostólicas, as Relixiosas e os laicos da Asunción continuamos hoxe respondendo á nosa vocación específica na Igrexa, ao servizo das necesidades do noso Mundo, tal como dicía a nosa fundadora Santa Mª Eugenia de Jesús: “dar a coñecer e facer amar a Xesucristo nunha tarefa de educación para a transformación da sociedade”. 

Os colexios da Asunción, continuadores do carisma educativo de Madre María Eugenia de Jesús, son centros educativos cristiáns, insertos na nosa sociedade e abertos a todos, atendendo especialmente aos máis necesitados. Caracterízanse por ter un Proxecto Educativo inspirado no Evanxeo, nos que os trazos fundamentais son:

  • A atención a cada alumno/a como fillo/a de Deus e ser único
  • A cristianización das intelixencias
  • O diálogo fe-cultura
  • O desenvolvemento dos valores do humanismo cristián
  • Coñecer e amar a realidade social e traballar pola súa transformación

Laicos e relixiosas compartimos a misión, segundo o estilo que caracteriza a acción educativa das Relixiosas da Asunción e en unidade coa misión da Congregación enteira.

A Entidade Titular do CPR Plurilingüe Nosa Señora da Asunción (Sarria) é a Provincia de España da Congregación Relixiosas da Asunción. Como tal, define a identidade e o estilo educativo do Centro, e ten a responsabilidade última ante a Igrexa, a sociedade e a Administración Educativa, os profesores, os pais ou titores dos alumnos e o persoal de administración e servizos.

A representante oficial da Entidade Titular é a Superiora Provincial. Esta exerce determinadas funcións por si mesma e outras, delégaas ao Equipo de Titularidade, que representa á Entidade Titular ante a Comunidade Educativa e ante os organismos competentes eclesiais e civís. O devandito Equipo é nomeado pola Superiora Provincial, e organízase segundo o seguinte organigrama:

 

O CPR Plurilingüe Nosa Señora da Asunción ten o seu domicilio en:       

R/ Asunción, 34  27600 Sarria (Lugo)

Teléfono: 982 531 981

Correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

O equipo directivo está formado polos seguintes membros:

Superiora da comunidade:         Dª. Ascensión Gallego Pastrana RA

Director do centro:                   D. Marcos Regueiro Sánchez

Xefa de estudos de ESO.:          Dª. Mª Áurea Páramo Vázquez

Coordinadora de EI e EP:          Dª. Teresa Quintana Fernández 

Coordinadora de Pastoral:          Dª. Andrea López López

Administradora:                        Dª. Lidia Abella González

 

O Centro ten como actividade a función docente nos niveis educativos de INFANTIL, PRIMARIA, E SECUNDARIA, sendo beneficiario de concerto educativo en todos os niveis.

A normativa de aplicación é a seguinte:

  1. Código de Dereito Canónico.
  2. Acordo Estado Español - Santa Sé sobre asuntos xurídicos.
  3. Lei Orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación.
  4. Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
  5. Real Decreto 142/1981, do 9 de xaneiro, sobre Organización e funcionamento do Rexistro de entidades relixiosas.
  6. Real Decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de Normas Básicas sobre Concertos Educativos.

A organización do devandito centro lévase a cabo segundo o organigrama seguinte: