Inicio Acción educativa Proxectos Seccións Bilingües

Seccións Bilingües

Co propósito de reforzar a pedagoxía das linguas extranxeiras, implantamos no centro unha sección bilingüe na materia de Educación Artística (Plástica) na etapa de secundaria.

Nunha sección bilingüe unha parte da materia impártese en lingua extranxeira (inglés) co motivo principal de potenciar a oralidade e a soltura para desenvolverse nese idioma; iso si, sen interferir na axeitada aprendizaxe e comprensión dos contidos propios da materia.

Ao remate do curso, o alumnado cualificado positivamente na área obxecto da sección bilingüe, recibe unha credencial oficial expedida polo centro conforme participou nesa sección bilingüe, que se fará constar mediante dilixencia no seu historial académico.

Os alumnos/as amósanse moi motivados nas materias e esfórzanse para comunicarse en inglés, empregando esta lingua como unha ferramenta de traballo. A adquisición de vocabulario en inglés, propio das materias, repercute favorablemente na área de inglés.

Os alumnos son capaces de entender ordes de accións concretas e van adquirindo confianza na súa capacidade de comunicación.

Consideramos que é unha experiencia moi satisfatoria, na que o alumnado se adapta sen problema.