Os Colexios da Asunción realizan un servizo á sociedade e levan a cabo o seu labor educador seguindo o pensamento fundacional da M. M.ª Eugenia, que se pode sintetizar nestes textos:
"Jesucristo trae unha liberación que transforma a sociedade". (M. M.ª Eugenia)
"A educación baseada no Evanxeo, debe realizar unha auténtica revolución. As actitudes evanxélicas personificadas en Cristo, deberían desterrar o egoísmo innato, facer vivir con sinxeleza cristiá e ensinar a apreciar a dignidade de todos os homes". (M. M.ª Eugenia)
Un Colexio da Asunción defínese como:
A finalidade dos Colexios da Asunción é: a educación integral para formar homes e mulleres capaces de colaborar na consecución dunha sociedade máis xusta e máis fraterna, segundo o Evanxeo.
Obxectivos:
que desenvolva o sentido crítico e creador,
que tome conciencia dos problemas do mundo de hoxe,
que prepare futuros axentes capaces de transformar a sociedade.
A acción educadora corresponde á Comunidade Educativa integrada por:
A Congregación da Asunción e todos os Profesores comprométense a formar a Comunidade Educativa procurando dar coa súa preparación, vida e testemuña, a verdadeira imaxe do educador cristián e promovendo a colaboración e participación dos demais membros.
Os pais, conscientes dos seus dereitos e responsabilidades, precedendo aos seus fillos co exemplo na familia, intentarán crear nela un ambiente que favoreza a educación integral e colaborarán co Colexio participando responsablemente na marcha e orientación deste.
O persoal non docente intégrase e colabora, dende os seus respectivos niveis e labores, na acción educadora.
Os alumnos son protagonistas da súa propia educación ao participar persoal e responsablemente nela, segundo as liñas trazadas neste Ideario.
Toda a Comunidade Educativa estará disposta a unha colaboración decidida e seria con outras entidades no triple nivel: local, rexional e nacional.
Para que este Colexio, promovido pola Congregación da Asunción, así identificado, poida realizar eficazmente o seu proxecto educacional, debe ser recoñecido e aceptado na súa identidade:
por cantos interveñen activamente nel, a diversos niveis e con diversas funcións, no desenvolvemento da súa actividade educativa; aos que axustarán as súas actuacións profesionais ás esixencias que se derivan desa identidade.
polas familias que a el traen aos seus fillos, e polos mesmos alumnos na medida en que a súa idade e madureza lles vaia permitindo responsabilizarse persoalmente.
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.