Inicio Colexio Documentos Propios do Centro Misión, Visión e Valores

Misión, Visión e Valores

MISIÓN


Somos un centro educativo cristián, de carácter privado, concertado, sen ánimo de lucro, recoñecido legalmente, inserto na nosa sociedade e aberto a todos, atendendo especialmente aos máis necesitados.
Sen esquecer a universalidade dos obxectivos educativos, fomentamos o coñecemento e a valoración das raíces, tradicións e singularidades da nosa terra, así como a toma de conciencia dos seus problemas, intentando mellorar a sociedade na que vivimos.
A educación na Asunción baséase no esforzo constante para o desenvolvemento integral da persoa.


VISIÓN


Queremos ser un Centro:

  • Que conte cunha comunidade educativa cunha opción cristiá clara e que traballe dende as grandes liñas do pensamento educativo da Asunción para:
  • Cristianizar as intelixencias.
  • Posibilitar o diálogo fe-cultura.
  • Coñocer e amar a realidade social e traballar pola súa transformación.
  • Que forme dun modo integral a nenos/as e adolescentes, desenvolvendo as súas capacidades intelectuais, afectivas, espirituais e sociais para que cheguen a ser persoas e cidadáns responsables, abertos aos demais, comprometidos na trasformación da sociedade segundo os valores do Evanxeo.
  • Que promova a mellora continua en todas as actividades do centro para unha actualización constante de contidos e métodos que respondan á realidade concreta dos alumnos/as e do contorno, cun PEC actualizado.
  • Que estea aberto e acolla as novas necesidades da nosa sociedade cunha pedagoxía de respecto e unha opción decidida pola Xustiza, a Paz e o Coidado da Creación.
  • Que sexa recoñecido pola súa tradición pedagóxica de prestixio, pola súa formación de calidade, o seu traballo serio e o seu compromiso na innovación.

 

VALORES

A nosa educación está baseada no respecto á solidariedade, á paz, á rectitude, á sinceridade e calquera valor humano que axude a medrar á persoa.
Estes valores son as conviccións que nos animan como educadores para:

  • Axudar aos alumnos a descubrir o senso das súas vidas e a comprometerse segundo as súas posibilidades.
  • Promover a cultura da xustiza e a paz no pensamento e comportamentos.
  • Preservar a integridade da creación e traballar na protección do contorno.
  • Acompañar a cada persoa no seu crecemento na fe para que poida expresar segundo a súa cultura e tradición.
  • Fomentar un clima de cercanía, cordialidade e sinxeleza que favoreza as relacións, baseándoas na sinceridade e na confianza.
  • Impulsar unha educación na tolerancia e na aceptación da diversidade.


A nosa forma de actuar baséase na atención a cada alumno/a e as súas familias, primeiros responsables na formación dende unha comunidade que vive unida e ilusionada en constante renovación:

  • Utilizando métodos pedagóxicos axeitados.
  • Poñendo ao servizo da educación os avances tecnolóxicos que a sociedade nos ofrece.
  • Potenciando a formación continua de todas as persoas que integran a Comunidade Educativa, propiciando un nivel de esixencia e seguimento.
  • Planificando, coordinando e avaliando o traballo e todas as actividades do centro.
  • Demostrando coherencia nas decisións e actuacións.
  • Alentando a participación dos pais/nais na vida do centro a través de ANPA, Consello Escolar, Escola de Pais, Festas, Celebracións.
  • Completando a actividade escolar con ofertas de actividades extraescolares de solidariedade, de reflexión cristiá, ocio e tempo libre,…
  • Favorecendo o traballo en equipo, no que cada un se faga responsable na consecución dun Proxecto Común.
  • Impulsando a mellora continua a través do noso sistema de Xestión da Calidade.
0
0
0
s2smodern