Inicio Acción educativa Proxectos Trinity

Trinity

O colexio da Asunción é centro examinador de Trinity dende hai máis de 10 anos. Isto significa que calquer persoa interesada pode matricularse aquí e acudir ao exame que ten lugar todos os anos no mes de xuño.

Existen 12 grados divididos en seis niveis de dificultade dende o elemental ata o avanzado, e ditos niveis, denominados A1, A2, B1, B2, C1 y C2, foron definidos polo Consello de Europa no seu Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER), un proxecto internacional que serve como patrón para medir o nivel de adquisición dunha lingua estranxeira válido para toda Europa. O exame consiste nunha proba oral cun examinador nativo.

Para máis información premede na imaxe que tendes a continuación.