Inicio Acción educativa Proxectos Plurilingüismo

Plurilingüismo

O noso colexio forma parte da Rede de Centros Plurilingües e desenvolve un Programa Plurilingüe ao longo de Educación Primaria, que se vai implantando curso a curso ata conseguir incorporalo en toda a Etapa.

A finalidade deste programa é favorecer o coñecemento da lingua e cultura inglesas, activar a motivación e desenvolver progresivamente a capacidade dos alumnos/as de Educación Primaria para comunicarse en inglés, así como empregar esta lingua para o ensino e a aprendizaxe das áreas de Plástica e Educación Física, escollidas para levar a cabo o plan.

O alumnado participante no programa, recibirá ao termo da etapa, certificación da dirección de que realizou nun Centro Plurilingüe os estudos correspondentes, con indicación da etapa e a lingua estranxeira.

 

Os obxectivos específicos do noso programa son:

  1. Acadar que os alumnos/as sexan capaces de levar a cabo actividades tales como entender ordes de accións concretas.
  2. A adquisición de vocabulario en lingua inglesa semellante ao que terían na lingua habitual en que se vén desenvolvendo a materia.
  3. Ver a lingua inglesa como unha ferramenta de traballo e non só unha materia cun contido illado do uso práctico.