Inicio Noticias Inscrición servizos complementarios

Inscrición servizos complementarios

Estimadas familias:  

Informámosvos de que xa está aberto o prazo de inscrición aos servizos complementarios de comedor e garda para o novo curso.  

Podedes descargar a ficha de inscrición premendo aquí ou recollela en secretaría, e unha vez cuberta presentala na secretaría do centro.  

O prazo de entrega desa ficha finaliza o 17 de setembro de 2021.  

Lembrámosvos que estes servizos tamén están dispoñibles por días soltos, pero cando se queira facer uso deles, e para cumprir co protocolo Covid, é necesario que avisen na secretaría do centro con antelación, como mínimo o día anterior, e pasen a recoller o "xustificante" ao abonar a cantidade correspondente.  

Poden consultar os prezos premendo aquí.  

0
0
0
s2smodern