Inicio Noticias Saída cultural infantil 3º trimestre

Saída cultural infantil 3º trimestre

O alumnado de 5 anos de Educación Infantil realizou unha saída cultural á cidade da Coruña para visitar a Casa das Ciencias e o Planetario. Durante a excursión, os nenos e nenas participaron en actividades moi interesantes relacionadas co universo, os planetas e as estrelas, aprendendo dunha maneira dinámica e divertida. Ademais, gozaron da experiencia de observar proxeccións no Planetario e de descubrir diferentes experimentos científicos adaptados á súa idade. Foi unha xornada moi enriquecedora, chea de aprendizaxes, curiosidade e convivencia.

Premede na imaxe para ver a visita.