Inicio Noticias Saída cultural 1º e 2º da ESO do 3º trimestre

Saída cultural 1º e 2º da ESO do 3º trimestre

O día 20 de abril o alumnado de 1º e 2º da ESO desfrutou dunha estupenda excursión correspondente á 3ª avaliación.

A xornada comezou cun paseo en catamarán polos impresionantes canóns do Sil, onde puideron admirar a beleza da paisaxe.

Pola tarde, visitaron as termas de Outariz en Ourense, aproveitando o bo tempo para relaxarse, bañarse e gozar da contorna natural.

Sen dúbida, foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora para todos e todas.