Inicio Noticias Asuntillos "Obradoiro Entroido"

Asuntillos "Obradoiro Entroido"

O pasado venres fixemos unha nova actividade de Asuntillos realizando un Obradoiro de máscaras. Aproveitando que xa se achega o Entroido , elaboramos máscaras a partir de antifaces ou distintas formas en branco, empregando distintos materiais como plumas, limpiapipas, distintos tipos de papel, adhesivos, troquelados e moitos mais. Comezamos o obradoiro cunha pequena oración, na que cada neno expresou algo bonito do seu interior, lembrando que as máscaras amosan o exterior, pero o máis importante é o que levamos dentro. A actividade foi moi dinámica e divertida, xa que cada certo tempo os nenos tiñan que rotar e ían cambiando de mesa para poder empregar materiais diferentes, deixando voar a súa imaxinación e creatividade. Foi un taller cheo de ilusión, bo ambiente e ganas de Entroido, no que as monitoras se implicaron moitísimo e os nenos ademáis de portarse xenial, foron moi respetuosos compartindo o material e disfrutando un montón.