Inicio Noticias Saída cultural 1º e 2º EP 1º trimestre

Saída cultural 1º e 2º EP 1º trimestre

Sí! Hoxe os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria viaxan a Neda (Ferrol) para vivir unha experiencia única na granxa-escola de Belelle. Entre obradoiros de pan, sales aromáticas, paseos pola natureza, encontro con numerosos animais de especies únicas e as primeiras experiencias coa equitación, os nenos desfrutarán dun día cheo de aprendizaxe e diversión. Premede na imaxe para ver o ben que o están a pasar!