Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP realizaron a primeira saída do trimestre o 16 de outubro.
Foron á “Casa do Patrón” en Lalín, onde visitaron as diferentes estancias que alberga este Museo Etnográfico e entre as cales destacamos polo interese que amosou o alumnado, o dedicado á fabricación do liño, unha antiga vivenda tradicional galega, a taberna ou a escola.
Ademais destas visitas realizaron dous obradoiros, un deles de abalorios, no que elaboraron diferentes obxectos con materiais naturais convertidos en verdadeiras xoias e o outro de teares con lá.
Completamos a visita cunha andaina pola zona na que ademais de apreciar a beleza da natureza nesta época do ano, recolleron materiais para un dos obradiros.
Foi unha xornada moi especial na que aprenderon e desfrutaron cos seus compañeiros e compañeiras.
Visitade o blogue para ver que ben o pasaron!
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.