Inicio Noticias Saída cultural 5º e 6º de EP 1º trimestre

Saída cultural 5º e 6º de EP 1º trimestre

O alumnado de 5° e 6° de EP realizou a súa primeira saída cultural do curso. Nesta ocasión visitaron a olería de Gundivós, onde puideron coñecer este oficio tradicional. Tamén coñeceron como era a vida na Ribeira Sacra a carón do río e descubriron como vivían os Castrexos, ademais de poder desfrutar dunhas magníficas vistas do coñecido como "Cabo do mundo'. Remataron esta viaxe realizando un percorrido no tren turístico polas ladeiras do Canón do Sil. Foi unha experiencia moi interesante! Premede na seguinte imaxe se queredes ver as fotos.