Inicio Noticias Saída cultural 1º e 2º da ESO do 1º trimestre

Saída cultural 1º e 2º da ESO do 1º trimestre

Hoxe os alumnos de 1º e 2º de ESO visitaron Santiago de Compostela, e cómo non podía ser doutra forma, primeiro percorremos a Catedral pero dun xeito pouco habitual, subindo as cubertas onde as vistas da cidade foron impresionantes. Tamén disfrutamos do reformado Pórtico da Gloria.

Pola tarde, despois dun bo xantar no comedor universitario Fonseca, visitamos a Cidade da Cultura, onde disfrutamos tanto do exterior, nos seus parques, xardíns e esculturas coma do interior, nunha exposición sobre os vikingos.