Unha nova aventura de Asuntillos para os nosos alumnos/as de 3º e 4º de EP chegou o pasado venres 26 de xaneiro. Realizaron un obradoiro de reciclaxe de cápsulas de café, aproveitando material de refugallo, reciclaron e fixeron uns preciosos complementos ( pulseiras, aneis, colgantes...) Noraboa Asuntilleiros! Vémonos na seguinte entrega!