Inicio Noticias Saída cultural 3º e 4º da ESO

Saída cultural 3º e 4º da ESO

O día 7 de Novembro de 2023 o alumnado de 3º e 4º da ESO realizaron unha saída Bio-Xeolóxica polo Xeoparque "Montañas do Courel" onde puideron bservar o gran pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós, así mesmo adentráronse na devesa da Rogueira, onde comentaron os efectos da última glaciación, e para finalizar baixaron a fervenza de Vieiros. Unha bonita e interesantísima excursión na que ademáis de poñernos en contacto coa natureza, explicaronlles a orixe de dita zona e os efectos da dinámica terrestre sobre o terreo.