Queridas familias:
Outro curso máis aventurámonos en “Asuntillos”, coa ilusión e as ganas de tomar decisións a través dos valores que compartimos.
Dende a Pastoral, e este ano co lema: " Todo empieza con un SÍ”, querémosvos animar a participar nas actividades e encontros, que se celebrarán en venres ou sábado, dando comezo no mes de Outubro.
As actividades están destinadas a nenos/as dende 3º de Educación Primaria ata 2º de Educación Secundaria. Estas actividades levaranse a cabo en 3 grupos (3º e 4º EP- 5º e 6º EP- 1º e 2º ESO), malia que tamén poderán realizarse de xeito conxunto se a propia actividade o permite.
Os días das actividades comunicaráselle aos alumnos unha semana antes da realización das mesmas.Se queredes participar, deberedes cubrir o formulario de inscrición que vos deixamos máis abaixo e entregarlle aos titores a cota de 9 euros. Puntualmente poderá pedirse unha cantidade a maiores se algunha actividade o precisase.
A DATA LÍMITE PARA ENTREGALA SERÁ O XOVES 2 DE OUTUBRO.
Moitas grazas a todos e moi feliz curso!
Apúntate a Asuntillos!
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.