Inicio Noticias Saída cultural 3º e 4º da ESO

Saída cultural 3º e 4º da ESO

Os alumnos de 3º e 4º de ESO desfrutaron dun día de lecer o pasado xoves 16 de xuño, en A Coruña. Pola mañá visitaron o centro da cidade, onde comeron. Xa pola tarde tiveron tempo para estar varias horas na praia de Riazor onde o tempo foi tal de poder disfrutar do primeiro baño da tempada para moitos. Profesores e alumnos desfrutaron xuntos dunha fermosa cidade pero sobre todo dun tempo de conversas e convivencia excepcional. Un bo día para todos.