Inicio Noticias Os alumnos de 2º ESO visitan Galiciencia

Os alumnos de 2º ESO visitan Galiciencia

Os alumnos de 2º de ESO, acudiron o mércores día 11 a Galiciencia, a maior feira científica de Galicia, promovida por Tecnópole, en Ourense.

Nela puideron ver unha exposición de proxectos científicos innovadores realizados por alumnos, participar nun taller ecolóxico e asistir a unha conferencia sobre a “Economía circular”.

Ademáis,aproveitaron a viaxe para percorrer a zona vella da cidade, visitando lugares imprescindibles como As Burgas e a Catedral.