Inicio Noticias Viaxe de fin de curso 4º ESO

Viaxe de fin de curso 4º ESO

Os alumnos de 4º de ESO, no seu primeiro día de estancia en Madrid, fixeron unha visita guiada polo Madrid dos Austrias, onde coñeceron algúns dos acontecementos e lugares máis importantes da historia da cidade. Mais tarde, asistiron á representación do musical “El Rey León” e, despois dunha cea en grupo, retiráronse para desfrutar dun merecido descanso.