Inicio Noticias Os alumnos de 5º de EP plantan unha roseira

Os alumnos de 5º de EP plantan unha roseira

O pasado xoves día 17, os alumnos de 5º de Primaria, saímos á horta para plantar unha roseira doada pola Cruz Vermella de Sarria.

Aldara e Naia, dúas alumnas que nunca estiveran antes na nosa horta, foron as encargadas de facer a maior parte do traballo, axudadas por Izan, que regou a roseira.

Tamén estiveron con nós África, Zoe e Axel, que ainda que están traballando dende a casa, acompañáronnos a través de videochamada. Aquí tedes algunhas fotos.