Inicio Noticias "Bye, bye plástico"

"Bye, bye plástico"

A campaña "Bye, bye plástico" da Xunta de Galicia pretende dar visibilidade ao problema medioambiental que supón o consumo excesivo de plásticos e a súa chegada ao mar, así como concienciar á cidadanía co obxectivo de crear unha comunidade activa e implicada na loita contra estes resíduos e na defensa dun futuro ambiental sostible.

Unha das actividades desta campaña buscou a participación dos colexios de Galicia na película escolar colaborativa que podedes ver a continuación e a que se sumou o noso colexio. Cada centro participante elaborou o seu propio anaco de guión. A participación dos alumnos de 4º da ESO foi a través dun "stop motion" feito con plastilina, animación de botellas e o gnomo devoraplástico.