Inicio Noticias Unha visita moi especial

Unha visita moi especial

Onte os nosos alumnos de Infantil e 1º e 2º de EP puideron desfrutar dunha visita moi especial!!!.

Cheos de ledicia deixaron as súas cartas aos Reis Magos desexando que logo desta visita viran o bos que eran e lles trouxeran todo o que pedían.

Dende o cole temos que recalcarlle as súas Maxestades que todos os nosos alumnos se comportaron de xeito exemplar nestes momentos tan incertos que estamos a vivir, así que esperamos que eles tamén lles correspondan.

 

Grazas pola súa visita Maxestades!!!