Inicio Noticias Visita aos institutos

Visita aos institutos

O martes e o mércores da semana pasada, os alumnos de 4º de ESO visitaron os IES Gregorio Fernández e Xograr Afonso Gómez, respectivamente, acompañados polo seu titor e a súa orientadora.
Fomos recibidos polos directores e orientadores de ambolos dous centros, quen explicaron aos nosos alumnos os diferentes percorridos académicos que se podían levar a cabo unha vez rematada a ESO satisfactoriamente.