Inicio Noticias Asuntillos "Halloween"

Asuntillos "Halloween"

Onte, 29 de octubre, tivemos o primeiro dos encontros de Asuntillos deste curso. 

Tocoulle nesta ocasión aos alumnos de 3° e 4° de Primaria, que pasaron unha tarde ben entretida celebrando Halloween xunto a dúas profes e cuatro monitoras da ESO.

Fixeron varias manualidades para celebrar esta festa tan terrorífica, coma unha cestiña para recoller as golosinas do “truco ou trato”, seguiron cunhas pantasmas que daban moito medo e remataron a tarde cunha casa encantada.

Pasárono de meeeeeeedoooooooooo!!!