Inicio Noticias Saída Cultural de 1º e 2º da ESO

Saída Cultural de 1º e 2º da ESO

Os alumnos de 1º e 2º ESO realizaron hoxe, 28 de outubro, unha saída cultural ao Val do Lor para levar a cabo unha actividade de orientación con mapas e brúxulas, ademais dunha clase práctica de micoloxía nunha espectacular ruta de sendeirismo.