Inicio Noticias Visita de 3º e 4º de ESO ao Xeoparque do Courel

Visita de 3º e 4º de ESO ao Xeoparque do Courel

Os alumnos de 3º e 4º de ESO visitaron o día 21 de outubro o Xeoparque do Courel acompañados dos profesores de Ciencias e Xeografía. Nesta ocasión visitaron o pregamento de Campodola-Leixazós, a Devesa da Rogueira e a Fervenza de Vieiros. Nestes puntos de interese xeolóxico e medioambiental as dúas clases recibiron explicacións dos profesores relativas a temas xeolóxicos, naturais e etnográficos. Antes de voltar ao colexio os alumnos disfrutaron de tempo de lecer na localidade de Quiroga. A visita foi valorada moi positivamente por alumnos e profesores, xa que apreciaron non só o valor didáctico desta zona, senón tamén a súa beleza paisaxística e natural.