Inicio Noticias Contos ao teléfono con Charo Pita

Contos ao teléfono con Charo Pita

Hoxe, xoves día 7 de outubro, os nenos e nenas de 6º de primaria realizaron unha saída á Casa da Cultura para participar nunha actividade relacionada con Xela Arias e a súa faceta de tradutora. No evento participaron diferentes personalidades do Concello e a Presidenta do Consello Galego da Cultura.

A actividade realizada por Charo Pita consistiu na narración dalgúns dos contos que Xela traduciu á lingua galega, concretamente a obra literaria “Contos por teléfono” de Giani Rodari. Esta magnífica obra relata as historias que o protagonista, o Sr. Bianchi de Varese, relataba á súa filla cada noite ás nove en punto cando se atopaba de viaxe por mor do seu oficio. Puidemos escoitalos e mesmo interaccionar coa narradora Charo Pita, que nos deleitou e mergullou coa súa voz e posta en escena en cada unha das historias.

Os nenos e nenas desfrutaron moito coa actividade e tamén polo feito de poder ir recuperando actividades formativas que gustan moito aos alumnos.


Queremos tamén dar as grazas ao Concello pola súa invitación a este evento.

0
0
0
s2smodern