Inicio Noticias A nosa profesora Violeta Bernardo inaugura exposición

A nosa profesora Violeta Bernardo inaugura exposición

Hoxe, Día Internacional da Muller, que mellor que celebralo coa noticia de que, Violeta Bernardo, unha das profesoras do noso colexio, inaugurou unha exposición no Museo de Lugo, no Pazo de Tor, en San Paio de Narla e no Museo do Mar.

Como ela di: "se tivera que definir a miña obra non sabería moi ben como facelo. Diría que é a miña forma de expresar sentimentos e emocións. Con cada peza trato de contar unha historia, relatos en feminino, pode que tamén feministas. En todo caso, historias de mulleres fortes, valentes e loitadoras. As miñas "nenas" reflicten ternura,, pero apuntan maneiras das mulleres firmes nas que se han de converter. Mulleres que han de percorrer distintos camiños, que han de vivir unha e moitas vidas á súa vez. Nos obxectos que as acompañan condénsanse todas esas vidas. Un simple zapato ou unha maleta é unha historia de vida.

O mundo feminino, o meu mundo, está cheo de formas e matices,, de sensibilidade e de sentimento. Coas miñas obras trato de crear beleza como forma de chegar ao corazón e transmitir emocións."

Sabemos que a exposición vai ser todo un éxito.

Moita sorte Violeta!!!