Inicio Noticias Videoconferencia con Ledicia Costas

Videoconferencia con Ledicia Costas

Os alumnos/as de 3º EP, o pasado luns, na clase de Lingua Galega, tiveron unha visita virtual.

Despois de ler o libro “Os minimortos: Benvido ao outro barrio”, a súa autora, Ledicia Costas, visitounos virtualmente a través dunha videoconferencia moi amena e divertida.

A autora contoulles experiencias da súa obra e os alumnos/as de 3º EP fixéronlle preguntas acerca do libro, das súas personaxes, sobre a súa experiencia coma escritora, e das vindeiras obras dos “Minimortos”…

Foi unha visita moi agradable na que nos descubriu algún segredo e nos deixou coa intriga de saber máis destes divertidos personaxes…

0
0
0
s2smodern