Inicio Noticias Visita da Superiora Xeral da Asunción

Visita da Superiora Xeral da Asunción

Hoxe para todos os membros da Comunidade Educativa de Sarria foi un gran día xa que o noso colexio recibiu unha visita moi especial. 

Quixo vir a visitarnos, a Superiora Xeral das Relixiosas da Asunción, Rekha.

Sentímonos moi honrados con esta visita xa que estaba fora da súa axenda de viaxe a Provincia de España, e quixo vir expresamente a coñecernos.

Os alumnos de 3º de Primaria déronlle unha calorosa benvida e unha representación de alumnos de 4º da ESO recibirona cun pequeno discurso en galego e a continuación en inglés.

A continuación Rekha visitou as diferentes clases do colexio e conversou brevemente cos alumnos de cada unha dela.

Sentiuse moi ben recibida e levouse unha grande impresión de todos eles. Reiterou varias veces o moito que lle gustara o noso colexio e a súa contorna.

Reiterámoslle as nosas grazas por pedir visitar o noso colexio, xa que poder compartir estes momentos con ela encheunos de ánimo e ledicia.

Grazas Rekha!!!