Inicio Noticias Día de Rosalía

Día de Rosalía

Coma todos os 24 de Febreiro homenaxeamos a Rosalía de Castro.

En tres aniños recitamos algún verso e decoramos unha imaxe da autora para facer unha exposición na clase. Encantoulles!!!. Mirade, mirade!!!

 

 

Os alumnos de 1º e 2º de Primaria fixérono visitando á nosa Rosalía. Premede nas imaxes para velo.

     

 

Os alumnos de 3º e 4º de Primaria, elaboraron un "Caldo de Gloria". Para poder "degustalo" premede na seguinte imaxe:

 

 

Para conmemorar este día tan importante na nosa comunidade, os rapaces e rapazas de 5º EP leron e ilustraron un poema desta gran escritora galega: "Miña casiña, meu lar"

Déixámosvos un vídeo onde podedes comprobar o gran traballo que fixeron.  Parabéns para todos/as os participantes!!!

 E os alumnos de 6º de EP fixeron un traballo de investigación ben interesante sobre a vida da escritora e leron algúns dos seus poemas. Podedes velo premendo aquí