Segundo a ORDE do 6 de novembro de 2020 regúlanse os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020-2021.
As máscaras distribuiranse entre o alumnado incluído no ámbito desta orde pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior ao limiar de 6.000 €, que foi o limiar de referencia no curso 2020/21 para ter dereito á axuda para adquirir material escolar
Polo tanto, será beneficiario das máscaras:
- Directamente, sen necesidade de volver a presentar solicitude, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar.
- Logo de solicitude e comprobación da renda per cápita da unidade familiar, o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, sempre que reúna algún dos seguintes requisitos:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
Podedes consultar a orde completa na seguinte ligazón:
ORDE do 6 de novembro
O anexo que trae a orde ten un erro, co que o que debedes empregar para facer a solicitude é o que vos deixamos no seguinte enlace:
Solicitude de máscaras
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.