Para todas aquelas familias que sexades xa usuarias do portal de compras Amazon, presentámosvos esta campaña que nos fixeron chegar ao colexio.
A campaña “Un clic para el cole” lanzada por Amazon aportará unha porcentaxe das compras que se fagan ao centro educativo que elixamos. Sen incrementar o gasto que se fai nas compras colaboraremos co colexio seleccionando CPR Nosa Señora da Asunción e calquera dos niveis que ofrece a súa páxina web ou app.
Dámosvos as grazas por telo en conta e por difundilo entre os vosos coñecidos.
Lembrámosvos que esta campaña é para todos aqueles que xa empregedes Amazon para algunhas das vosas compras, e queremos resaltar tamén que dende o colexio, e máis nestes momentos que estamos atravesando, recomendamos encarecidamente facer todas as compras que se podan no comercio da nosa vila.
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.