Inicio Noticias Invitación do CB Sarria

Invitación do CB Sarria

Este vindeixo xoves día 20, a partires das 16:30 horas no pavillón Novo Chanto de Sarria, teremos a visita de varios integrantes do Club Baloncesto Breogán.   Os xogadores Dago Peña e Marshall Powell pasarán un bo rato con todolos nenos e nenas do club e todos aqueles alumnos do colexio que queirades participar.   Tamén contarán coa presenza dos sarriaos e ex integrantes do CB Sarria, actualmente vinculados profesionalmente ao Breogán, o adestrador axudante Iago Castro e o preparador físico Jaime Capellá.   Para os máis pequenos terán ademáis a presenza da mascota do Breogán, Maximus.   O acto durará aproximadamente unha hora.      Todos os alumnos do colexio estades convidados!!!.     
0
0
0
s2smodern