Inicio Noticias A ESO asiste a representación teatral "A Vampire Story"

A ESO asiste a representación teatral "A Vampire Story"

Os alumnos de ESO asistiron o mércores 22 en Lugo á representación teatral en inglés de "A Vampire Story" dentro do programa de actividades educativas da Fundación Abanca.

A obra, en clave de comedia, foi do agrado dos alumnos dada a gran interactividade dos actores cos asistentes, xa que varios deles tomaron parte na representación.  Posteriormente os alumnos realizaran algunhas actividades de interpretación da lingua e a historia vista no colexio.