Onte, os nosos alumnos de Ed. Primaria e Ed. Secundaria visitaron a persoas moi importantes da nosa vila e que os recibiron cos brazos abertos. As visitas foron moi gratificantes para os que iamos ver e para os que nos recibían. Foi un tempo no que puidemos desfrutar de panxoliñas e outras cancións e tamén de moito, moito cariño. Queredes saber a quen fomos visitar???
Os alumnos de 1º e 2º de Primaria acodiron ao centro de día "Os maios".
Os alumnos de 3º e 4º de Primaria achegáronse á Cruz Vermella.
Os alumnos de 5º e 6º de Primaria foron ata a residencia de anciáns.
E os alumnos da ESO visitaron aos residentes do CAPD de Sarria.
Damos as grazas a todas as persoas que nos recibiron nestes centros, usuarios, residentes e persoal. Grazas polo voso agarimo!!!
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.