Inicio Noticias Saída 1º trimestre 1º e 2º ESO

Saída 1º trimestre 1º e 2º ESO

Os alumnos de 1º e 2º da ESO realizaron a saída cultural correspondente ao 1º Trimestre.

Pola mañá, visitamos Sotavento: instalacións, produción de enerxía solar e vivenda bioclimática.  

Pola tarde, achegámonos a CORAX Fauna en Paderne, A Coruña.

Coñecemos fauna salvaxe autóctona: lobo ibérico, aguia real; foránea como león, lince boreal, monos verdes...  

Os rapaces e as súas profesoras desfrutaron moito de ámbalas dúas saídas.