Inicio Noticias Terceiro día en Lourdes

Terceiro día en Lourdes

O xoves, día catorce, comezamos a última xornada en Lourdes cunha reportaxe fotográfica de todo o vivido e que nos serviu de recordatoio para facer, a continuación, a avaliación de cada unha das actividades realizadas e dos distintos momentos compartidos cos máis de oitocentos asistentes, baixo o lema " ASSOMPTION À L´UNISSON": Eres ti, son eu, somos nós, somos todos unha gran familia, a familia Asunción!    A nosa educación. Miremos alto e lonxe!      

Reunidos por grupos, calificamos cun adxectivo cada un dos momentos e respondemos a un cuestionario sobre a transformación vivida, os aspectos máis salientables e os posibles puntos de mellora, para futuros encontros. Todo isto plasmouse nunha cartolina, que todos os grupos presentaron na Eucaristía.      

Rematada a celebración e despois de xantar, comezou o momento das despedidas e inicio das viaxes de regreso.      

Salientar o bo comportamento dos nosos alumnos, así como a súa actitude, participando activamente en todas as actividades!         

As catro da tarde, chegamos ao Colexio da Asunción de San Sebastián, onde nos agardaba a relixiosa Asun Miguel, a que foi durante moitos anos profesora e directora de Sarria e que na actualidade forma parte do "Consejo Provincial". Nada máis pousar as maletas, levounos a facer un percorrido pola súa cidade, para amosarnos o máis salientable, as súas praias, os seus monumentos, os montes que a arrodean, etc., e facer unha parada para merendar, na parte antiga.      

Voltamos ao centro para compartir coas relixiosas, entre elas Lourdes Zubillaga, á que moitos recordamos porque tamén foi Superiora de Sarria,  a cea que tiñan preparada!     O noso agradecemento a comunidade relixiosa  por darnos aloxamento tanto ao ir como ao vir, cea e almorzo; así, como outros agasallos!         

O venres, ás seis da tarde, rematou a nosa enriquecedora viaxe!  Animámosvos a participar en futuros encontros!         

Moitas grazas a " Asunción - France", ás responsables da organización, en especial, a Ana Alonso, coordinadora española; aos nosos compañeiros dos colexios de Madrid, Ponferrada e San Sebastián, e aos alumnos de Sarria, que nos representaron excelentemente!