Iniciamos a xornada cunha celebración conxunta, presidida polo Sr. Bispo de Lourdes.
Continuamos con Rally polo pobo, para seguir os pasos de Sta. Bernardette: casa natal, casa paterna, Museo da Santa e voltamos a explanada da Basílica.
Continuamos coa Olimpiada, na que os nosos alumnos participaron activamente.
Pola tarde tiveron a oportunidade de escoitar á testemuña de Pablo: un xoven, ao que debido a unha grave enfermidade tiveron que amputarlle as dúas pernas, e que grazas ao seu afán de superación volveu andar e mesmo gañar premios en probas de atletismo, con dúas prótesis.
Coñeceron a vida da Santa por medio dun vídeo e dispuxeron de tempo para mercar recordos. Despois da cea, velada nocturna cunha excelente representación da "Parábola del Hijo Pródigo" en versión moderna.
A xornada foi intensa, pero moi enriquecedora!
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.