Xa deu comezo o "Encontro internacional de Colexios da Asunción".
Arredor de 850 alumnos e profesores da Asunción chegaron onte a Lourdes para participar neste encontro.
Despois de instalarse no centro de "Acollida NOTRE DAME", situado enfrente da gruta, e despois de xantar comezou a primeira actividade.
Reunidos no hemiciclo do centro, representantes da "ASUNCION-FRANCE" deron a benvida a todos os participantes e perante un vídeo presentaron aos distintos colexios e asistentes.
De seguido, en grupo e na explanada exterior, desenvolvéronse xogos de equipo para coñecerse os membros.
Compartiuse a merenda e voltouse ao hemiciclo para coñecer aspectos da vida da Santa.
Presentouse a "Procesión das velas", que partiu da praza, que está diante da Basílica ata a gruta.
Despois da cea, desfrutaron dun tempo de convivencia.
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.