Inicio Noticias Encontro Internacional de Colexios da Asunción en Lourdes

Encontro Internacional de Colexios da Asunción en Lourdes

 

Tres alumnos de 2º da ESO acompañados da súa profesora de francés asistirán os días 12, 13 e 14 de novembro ao Encontro Internacional de Colexios da Asunción en Lourdes.

Viaxaron hoxe moi ilusionados cara o colexio da Asunción en San Sebastián onde pasarán a noite con compañeiros doutros colexios da Asunción para partir mañá pola mañá cara a Lourdes. Alí traballarán sobre o lema que animará estes días e que é "A nosa educación, apontemos alto e lonxe", coñocerán outros alumnos de Francia, Bélxica e Italia, profundizarán en valores, carisma e espírito de familia, ademais de comprobar que forman parte dunha Congregación internacional. 

O programa plantexado xira en torno ao descobrimento do outro, intercambio sobre o lema, olimpiadas, rallye por Lourdes, encontros con persoas destacadas na Asunción...

 

 

Agardamos que o pasen moi ben e que nos vaian mandando novas de todas as súas actividades neste encontro!!!