Inicio Noticias Xornada ciberseguridade

Xornada ciberseguridade

O día 24 de outburo, levouse a cabo no noso centro, unha xornada escolar sobre "O uso seguro e responsable de Internet", organizado por INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) a través de Internet Segura for Kids (is4k).

Esta xornada consistiu nun taller práctico dirixido aos alumnos de 1º e 2º de ESO, e outro para o profesorado, no que participaron varios docentes do noso centro.

Durante cada un dos talleres tentouse concienciar aos alumnos sobre os riscos no uso de internet, e a súa vez promover boas prácticas para un uso seguro e responsable do mesmo, desenvolvendo a unidade didáctica "Sabes elexir".

No taller dos profesores, repasáronse as unidades didácticas propostas polo programa, fundamentos teóricos sobre seguridade e uso seguro das TIC e os diferentes materiais dispoñibles na web IS4K, para que podamos continuar traballando cos nosos alumnos nestas materias. Ademais traballaron sobre a mesma unidade que os alumnos.

O resultado de todos os talleres foi moi satisfactorio, tanto para os alumnos como para os profesores.