Inicio Noticias Día de todos os Santos e Samaín

Día de todos os Santos e Samaín

Durante toda esta semana, estivemos traballando nas clases de relixión o significado do "Día de todos os Santos", que representa para nós os cristianos e como lembramos aos nosos defuntos nese día.

Por outro lado, nas clases de galego tamén traballamos sobre a tradición celta do Samaín, e os nosos alumnos mais cativos encargaronse de darnos uns sustos terroríficos cos seus disfraces.

Os alumnos de infantil fixeron una exposición de cabazas espeluznantes, trouxeron doces que fan alusión á tradición festividade de Samaín e elaboraron unhas arañiñas mostruosas. Ademais escoitaron cancións e visualizaron unha película sobre a mesma temática.

Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria celebraron o Samaín decorando cabazas e afondando na súa historia, para coñecer mellos as súas raíces. Tamén compartiron doces típicos da nosa gastronomía e destas datas tan sinaladas, como buñuelos, filloas ou santiños.

Os alumnos de 1 e 2 ESO, ao igual que os alumnos de primaria e infantil, recolleron algunhas cabazas na horta escolar que decoraron para o Samaín.

Damos as grazas a todas as familias que participastes con nós na elaboración dos doces e na decoración das cabaciñas, así como en poñer tan terroríficos aos vosos pequenos.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes para que vexades un pouquiño do que fixeron, pero nos blogues de Educación Infantil e Primeiro e Segundo de Primaria poderedes ver algunha máis.