Inicio Noticias Información uniforme

Información uniforme

Queridas familias:

Como xa están todas as prendas do uniforme dispoñibles nas tendas e nos vindeiros días comezarán a chegar ao colexio aquelas que encargastes, informámosvos que o uniforme comezará a ser de uso obrigatorio nos cursos de Educación Infantil e 1º e 2º de EP o luns 14 de outubro.

A partires desta data o uniforme traerase todos os días que os alumnos non teñan Educación Física.

Se por algunha circunstancia excepcional (manchas, roturas…) o uniforme non se puidese traer nalgún día puntual, ese día poderíase traer a equipación de Educación Física.

0
0
0
s2smodern