O colexio da Asunción de Sarria está de noraboa!!!
O Ministerio de Educación e Formación Profesional vén de outorgarnos o distintivo de calidade de centros docentes "Sello de Vida Saludable".
Este distintivo é un recoñecemento público aos centros que fomentan a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a asunción de prácticas de Vida saudable e unha educación física que permita o axeitado desenvolvemento persoal e social ao longo da escolarización dos alumnos.
Son moitos os proxectos desenvolvidos no noso centro que nos fixeron merecedores deste recoñecemento, pero esta distinción é un pulo máis para continuar mellorando.
Queremos ademais felicitar a outro centro da nosa vila, o IES Xograr Afonso Gómez por ser tamén un dos 56 centros de España recoñecidos este ano con esta distinción.
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.