Inicio Noticias Brigada Asunción

Brigada Asunción

O luns 1 de Abril, os alumnos de 3º e 4º de ESO acompañados de catro profesores, realizaron unha actividade dentro do Programa Voz Natura, consistente na limpeza do Camiño de Santiago á súa entrada a Sarria. O percorrido foi de 2 Km.

Unha actividade levada a cabo ao mesmo tempo foi a de entrevistar aos pilgríns que se ían atopando polo camiño, en inglés, francés ou castelán, dependendo das nacionalidades dos mesmos.