Inicio Noticias Concurso de relato curto Coca-Cola

Concurso de relato curto Coca-Cola

Dúas alumnas de 2º de ESO, Ángela Cámbara e Luana Valiña foron seleccionadas para participar na 11ª Edición do “Concurso de relato curto de Coca-Cola” que se celebrou hoxe, venres 15 de marzo na Facultade de Humanidades de Lugo.

Neste concurso participaron alumnos de Lugo e da provincia, que tiveron como estímulos saudade, solpor, beizos, fervenza, mergullar e acariñar. Destes tiveron que elixir catro para que escribir o seu relato.

Parabéns as dúas alumnas por representar a súa clase neste certame, e moita sorte ás dúas!!!