Inicio Noticias Congreso ECM "En clave de ti"

Congreso ECM "En clave de ti"

Representantes de todos os colexios da Asunción de España estiveron presentes no congreso de Escolas Católicas "En clave de ti" en Madrid dende o xoves 22 de novembro ata o sábado 24.  

Nestes tres intensos días, alumnos de distintos colexios de Madrid foron os protagonistas. Estaban encargados de dinamizar os distintos talleres e de presentar as ponencias, ademais de encargarse de diversas tarefas coma atender o gardarroupa e controlar o acceso ao recinto. Eles axudaronnos a entender cómo aprenden e cal sería o seu profesor ideal.